O GAITEIRO VERDE

Rectangulo 181

“O Gaiteiro Verde” nace dun estudo que analiza a relación dos antigos músicos de raíz coa contorna natural e seus recursos. Os primeiros instrumentos empregados estaban elaborados a partir de materiais que se atopan virxes na natureza: ósos, plumas, arxila, follas, pallas, canas, sabugueiro, cabazas… convertíanse na materia prima de moitos dos instrumentos primixenios.

Así, estes obradoiros de creación de instrumentos rescatan esta idea: a elaboración de instrumentos ancestrais, que coa axuda dunha navalla e materias primas naturais, emiten sons puros e harmoniosos que chegan a influír na enerxía vital das persoas. Son obradoiros que promoven un ambiente creativo para a aprendizaxe. A elaboración de instrumentos primixenios achega ás persoas a sensibilidade, o entendemento, a conciencia e o compromiso necesario para por en valor o patrimonio cultural, primixenio e natural da nosa raíz, a nosa identidade ancestral como pobo único e diferenciado.

Trazado 1
Trazado 679

 

REPRESENTACIÓNS DIDÁCTICAS

Rectangulo 175

Demostración práctica da riqueza e variedade instrumental e cultural da música de raíz achegando toda esta sabedoría ao público para que vivan como propia a conservación e difusión do patrimonio musical.

Trátase da realización de representacións didácticas, dun xeito activo e participativo, facendo un percorrido pola historia da nosa música de raíz, dende os instrumentos primixenios ata os instrumentos comúns de hoxe, e paralelamente os nosos xéneros musicais.

PAISAXE E SON, ESPAZOS MUSICADOS

Rectangulo 177

A paisaxe e son realizase aproveitando a natureza, e diversidade da fauna e flora xunto coa arquitectura e a etnografía do territorio. Diferéncianse no emprego intencionado que Xavier Blanco leva a cabo cos elementos da contorna unindo natureza, cultura e música dende o respecto e a sostenibilidade ecolóxica, creando así, espazos en calma. Componse de tres actividades: PAISAXE SONORA, CHAMOS E ASUBÍOS, CANTOS ARCAICOS.

Patrimonio natural

O son do vento, dos ríos, dos animais ou das actividades tradicionais compoñían unha paisaxe sonora que podía estimular e facilitar a práctica musical. Só con ser transeúntes das rutas eco acústicas o individuo íase facendo un excelente oínte, condición primordial para a aprendizaxe da música.

Preténdese poñer en valor a paisaxe sonora a través de rutas, tendo en conta que a natureza achega un grande estímulo interactivo utilizando útiles propias da mesma baseándonos nas técnicas aplicadas para facelos soar.

Patrimonio Cultural

Realización de Cantos Arcaicos, cantos primixenios que se empregaban en rituais cerimoniais non relixiosos pero relacionados coas crenzas de Galiza. O sentido destes cantos era pedir ou agradecer a abundancia.

Patrimonio humano

Intercambio de experiencias coas persoas que viven nas aldeas tendo en conta o patrimonio material e inmaterial.

Trazado 1
Trazado 679

Im.RAÍZ

Rectangulo 181

Obradoiro de intervención musical en persoas afectadas de diferentes patoloxías e/ou necesidades específicas no que se ten en conta os beneficios da estimulación musical a través dos distintos aspectos dos que se compón a música de raíz:

  • A confección dos instrumentos da memoria (estimulación funcional).
  • A música do repertorio común (estimulación cognitiva).
  • Movemento acompasado (estimulación motriz).